Marchas

XXVII Marcha Cicloturista Arousá Galego

 

Marchas anteriores

 

 O Club Ciclista Xiabre convida a todas e todos as/os cicloturistas a participar na Marcha Cicloturista Arousá que se celebra a mediados do mes de xuño en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). A saída e chegada realízanse no pavillón polideportivo de Carril.

 XX_Marcha_Cicloturista_Arousá_(2015)_Saída


Esta marcha percorre as estradas da comarca do Salnés e Ulla cunha distancia aproximada de 100 km. O percorrido inclúe a ascensión ao Monte Xiabre cun tramo de carácter opcional (Alto de Meda) de aproximadamente 3 km e unha pendente media do 9%.
Á finalización da marcha procédese á entrega de recordos aos participantes así como ao club máis distante, ao participante máis veterano........ Como colofón final, o Club convida a participantes e acompañantes a uns petiscos de confraternidade.
Para obter unha maior información non dubiden en poñerse en contacto connosco no teléfono 600668629 ou no correo electrónico: ccxiabre@gmail.com